A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago acaba de facer un investimento de 270.000 euros para renovar os equipamentos electromédicos de Radioloxía dos centros de saúde de Lalín, A Estrada, Arzúa e Noia.

Amais da renovación destes sistemas de radioloxía dixital directa de última xeración, realizouse a reforma e adaptación dos locais.
Todos os equipos quedaron perfectamente instalados e as reformas rematadas este mes de decembro.

Os novos equipos de RX supoñen unha notable mellora tanto para profesionais como para pacientes, pois reducen os tempos de exposición, melloran a precisión e o sistema de operación e funcionamento é sinxelo e intuitivo. Ofrece maior seguridade nos datos almacenados e o programa de procesado de imaxes permítelle ao técnico en radioloxía dedicarlle moito menos tempo ao retoque das imaxes ou á realización de imaxes adicionais, lográndose así entregar as imaxes ao radiólogos dun xeito máis rápido.