Feijóo avanza unha nova achega de 6,5 millóns de euros para continuar impulsando a eficiencia enerxética e o uso de renovables nos fogares, empresas e administracións públicas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha nova achega de 6,5 millóns de euros, que se porá a disposición dos interesados entre o 7 e o 9 de xaneiro, para continuar impulsando a eficiencia enerxética e o uso de renovables en domicilios particulares e edificios; e entre empresas, autónomos e administracións públicas.

Durante unha visita ás novas instalacións de Ecoforest, Feijóo subliñou que esta liña de axudas forman parte da Estratexia de Impulso á Biomasa, posta en marcha en 2014 e coa que se leva apoiado xa a instalacións de 5.250 caldeiras en fogares e empresas, cun investimento, ata o de agora, de 52 millóns de euros.

more recommended stories