O Concello de Rianxo aprobou en pleno as obras a incluir no Plan Unico da Deputación que ascenden a 1.207.406 euros.

O pleno extraordinario celebrado en Rianxo aprobou cos votos favorábeis do BNG e PP, a abstención do PSOE e o voto contrario de Rianxo en Común a solicitude á Deputación do Plan Único a Concellos 2019.