A Deputación da Coruña duplica o investimento para manter os sete GES da provincia

A Deputación da Coruña duplicará o investimento que viña realizando ata agora para manter os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) existentes na provincia.

Tras o acordo alcanzado recentemente entre a Xunta de Galicia, a Fegamp, e as deputacións e concellos para garantir a continuidade das 25 bases do GES existentes en Galicia no período 2019-2021, a Deputación da Coruña pasará de asumir o 20% do orzamento das sete bases dos GES da provincia (350.000 € anuais) a financiar o 40% do custe total do servizo, cun investimento de total de 784.000 euros ao ano.

more recommended stories