O BNG de Muros Noia presenta enmendas aos orzamentos da Xunta por valor de 1.700.000 euros.

O BNG da comarca Muros Noia considera que faltan importantes inversións para estes concellos nos orzamentos da Xunta, polo que elaboraron 4 enmendas coas que suplir esta carencia.

Na zona de Muros os nacionalistas agardan lograr unha partida de 300.000 euros para rehabilitar o cine Paris.