Coincidindo coa conmemoración do 40º aniversario da Constitución española, a Sala Museo Municipal de Riveira exhibe unha exposición de xornais históricos coa que amosar a evolución política española nos últimos tempos

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou xunto ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas na inauguración da exposición “De-Constitución: Crónica política do último século en España”.

No acto tamén estiveron presentes o coordinador do Museo Municipal, Miguel Ángel Vidal Lojo e o xornalista, Suso Souto, presidente do club Expopress de xornalistas de Galicia e propietario da mostra.