Ingresa en prisión o veciño de Rianxo detido no marco da Operación Stop

O Grupo de Información da Comandancia da Garda Civil da Coruña, no marco do control de armas e explosivos, procedeu á detención dun veciño de Rianxo , JMVT, de 47 anos de idade, como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas. Tamen se lle imputa un delito contra a saúde publica e outro por defraudación de fluido eléctrico.