Os Lombos do Ulla volve ter un único punto de control


Tralo malestar amosado pola confraría de Rianxo ante o establecemento dun punto de control por parte de Carril na zona do libre marisqueo, no que ao parecer soio se pasaba o control aos barcos de Carril e Vilaxoán, a conselleria do mar ven de solucionalo, e tras dialogar as confrarías cos responsables do servizo de gardacostas, as embarcacións que acoden a mariscar aos Lombos do Ulla pasan novamente o control no punto establecido na batea.