A confraría de Ribeira demanda a Portos que mellore a seguridade no porto de Ribeira ou peche o recinto

Os contínuos roubos que se suceden nas embarcacións amarradas no porto de Ribeira están a xerar moita preocupación no sector, na última semana os ladróns levaron centos de caixas de embarcacións de baixura, causando un gasto excepcional para os armadores, ao tempo que trastocando o dia de traballo ao atoparse sen o material cando saen para o mar.