O concello de Ribeira ven de licitar varias obras

O Concello de Riveira informa de que foi licitada unha nova actuación consistente na instalación dunha liña de pluviais no lugar de Arribas, na parroquia de Artes.

A actuación consiste en canalizar as augas procedentes do polígono e conducilas ata o cruce existente na DP-7304. Con tal motivo, colocaranse 210 metros de colector de polipropileno de 800 metros de diámetro, con pozos de rexistro cada 35 metros.