José González apela ao consenso entre as forzas políticas galegas para reforzar a loita contra os incendios forestais

O conselleiro do Medio Rural, José González, fixo hoxe unha nova chamada ao consenso entre as forzas políticas galegas para impulsar a política forestal e, especialmente, a loita contra os incendios, que cualificou como cuestión “de país”.

O titular de Medio Rural participou, xunto co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e representantes dos diferentes grupos de Cámara, no acto de constitución do grupo de expertos creado a instancias do ditame da Comisión forestal.

more recommended stories