Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual cunha caída do 8,98% no último ano

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe nunha visita que desenvolveu á empresa Intera en Santiago os datos do paro rexistrado salientando a boa evolución do desemprego en Galicia: a Comunidade conta con 16.806 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do 8,98%, superando en case un punto o descenso acadado en novembro de 2017.

En palabras de Toca, estes datos reflicten que a Comunidade galega conta cunha estabilidade, o que se traduce en máis e mellores empregos. Galicia, deste xeito, posiciónase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual superando, ademais, o ritmo de baixada da media estatal en máis de dous puntos e medio de diferencia.