Teresa Villaverde recibe a recompilación e análise da documentación histórica do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia

A presidenta da ARD Ría de Muros-Noia, Teresa Villaverde, vén de recibir o traballo “Recompilación e análise da documentación histórica. Camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia”, elaborado pola empresa RVR Arquitectos.

Un traballo entregado polos dous investigadores que dirixiron o proxecto: o arquitecto Marcial Rodríguez e o historiador e arqueólogo Mario César Vila.