Nos próximos días procederase á adxudicación das obras de mellora, reurbanización e humanización da estrada AC-311 en Noia

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, mantivo unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na que aproveitou para tratar de axilizar varios investimentos comprometidos e conveniados pero que están pendentes de execución, así como para presentar novas iniciativas.

O alcalde de Noia plantexoulle ao presidente da Xunta a necesidade de humanizar e aumentar a seguridade viaria nos accesos á vila.