A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do concello de Porto do Son de catorce treitos antigos da estrada autonómica Ac-550, Cee-Ribeira

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a transferencia a prol do Concello de Porto do Son de 14 treitos antigos da estrada autonómica AC-550, que comunica Cee-Ribeira.

O Concello de Porto do Son manifestou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o seu interese polo cambio de titularidade de 24 tramos antigos deste vial de titularidade autonómica, entre os puntos quilométricos 77+750 e 98+330. E se corresponden cunha serie de tramos en desuso, resultado das obras realizadas polo Goberno galego para a reforma e mellora do trazado desta vía no seu percorrido polo termo municipal