Gonzalo Caballero reivindica que Caridad González Cerviño é “futuro” para Muros

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou o domingo na homenaxe a Jesús Siaba, o presidente dos socialistas de Muros recentemente falecido, e na presentación da candidata á alcaldía, Caridad González Cerviño.

Gonzalo Caballero sinalou a Caridad González Cerviño como o “futuro” para este concello, pola súa “dedicación e vocación” polos seus veciños.