Preto dun milleiro de persoas foron fieis á súa cita coa Xuntanza do Maior de Ribeira

Preto dun milleiro de persoas participaron onte na tradicional xuntanza do maior, que cada ano organiza o concello de Ribeira. Antes de desprazarse ata o pavillón da Fieiteira onde se celebraría a comida, os asistentes participaron nunha misa conmemorativa na igrexa parroquial de Santa Uxía que estivo cantada un ano máis pola Coral Polifónica Municipal de Riveira.