O Mercado Municipal de Ribeira e o mercadillo semanal abrirán este sábado

O Concello de Riveira informa de que para satisfacer a demanda do empresariado local este sábado 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción, abrirá tanto o mercado municipal como o mercadillo semanal.

A decisión tomada polo Goberno municipal de permitir abrir ambos mercados responde a que tamén o teñen previsto facer os negocios da cidade, co que se contribúe así a dinamizar o comercio de proximidade na devandita xornada.