Licitada a actuación para instalar plataforma única en sendos tramos das rúas Rosalía de castro e de Lugo

O Concello acaba de sacar a licitación a actuación destinada á instalación de plataforma única en dous tramos do centro urbano de Riveira: un situado na rúa Rosalía de Castro e outro na rúa Lugo, perpendicular ao anterior.