Galicia contará con catro novas embarcacións para o Servizo de Gardacostas nos próximos dous anos

O Servizo de Gardacostas de Galicia contará nos próximos dous anos con catro novas embarcacións aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de busca e salvamento marítimo e participación en actividades de loita contra a contaminación no marco do plan da Xunta para renovar parcialmente a frota deste organismo.

Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha visita ao estaleiro Rodman Polyships, que está a construír as primeiras dúas embarcacións tras resultar adxudicatario en xuño do primeiro contrato para a modernización da frota de Gardacostas. Cando entren en servizo retiraranse da actividade outras unidades máis obsoletas, destacou a conselleira, o que permitirá “mellorar a loita contra o furtivismo, optimizar as operacións de rescate a salvamento e avanzar na loita contra a contaminación mariña”.

more recommended stories