A Casa da Cultura de Lousame acolle este domingo un espectáculo visual con pompas de xabón: “Os fabulosos cleaners”

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 2 de decembro, ás 19:00 horas, o espectáculo “Os fabulosos cleaners”, de Malasombra Producións.

Os actores Xoque Carbajal e Jouse García presentarán en Lousame un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón. Unha actuación recomendada para todas as idades e de acceso libre e de balde ata completar aforo.

more recommended stories