O Servizo de admisión da Xerencia de Santiago organiza as XXVII Xornadas Da Sociedade Galega de admisión e documentación Clínica no Hospital da Barbanza

A XXVII reunión anual da Sociedade Galega de Admisión e Documentación Clínica celébrase hoxe e mañá no Hospital da Barbanza. Organizada polo servizo de admisión da Xerencia Integrada de Santiago, ten por lema “os servizos de admisión na xestión por resultados” e está previsto que asistan uns 40 profesionais dos sector de hospitais galegos.