4 centros do Barbanza participan nas olimpíadas galegas da formación profesional

Un total de 95 centros escolares galegos asistirán dende onte ás Olimpíadas galegas da FP, Galicia Skills 2018 que rematarán o venres na Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Os preto de 5.500 alumnos e alumnas poderán presenciar as competicións en cada unha das skills e coñecer a actividade que se desenvolve nos centros que imparten estas ensinanzas.