O Concello de Lousame convoca “Actívate”, oito cursos formativos para adultos e nenos,

O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nos seus cursos “Actívate”, oito iniciativas formativas para nenos e adultos que se desenvolverán entre os meses de xaneiro a xuño. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 28 de decembro no teléfono 981 825 780 ou na Casa da Cultura de Lousame.

A oferta formativa de 2019 inclúe dous cursos gratuítos para nenos e nenas: robótica e xeoloxía e mineroloxía, este último impartido nas instalacións do Museo Mineiro de San Fins. No caso dos adultos, a oferta inclúe cursos de cerámica, cestería, corte e confección-patwork, cociña, teatro e segunda vida das cousas, para aprender a reciclar todo tipo de trebellos que temos na casa.

Unha vez que se pechen as inscricións, o Concello de Lousame convocará unha reunión coas persoas anotadas para decidiren entre todos tanto o lugar como o horario que máis lles conveña para a celebración do curso. Unhas clases que, en todos os casos, terán lugar con periodicidade semanal e unha duración de 2 horas por sesión. As clases serán impartidos por artesáns e monitores especializados. Os prezos de cada curso fixaranse en función do número de persoas inscritas.

more recommended stories