A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago reúnese coas asociacións de pacientes para formar o Consello Asesor de pacientes dá Área Compostelá e da Barbanza


A Xerente da Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, acompañada polo responsable do Hospital da Barbanza, Salvador Mariño-Ageitos, e pola subdirectora de Calidade e Atención ao Doente, Beatriz Pais, reuníronse esta tarde cos membros das asociacións de pacientes da área que responderon á convocatoria feita dende a dirección, nun acto informativo celebrado no Hospital Clínico Universitario, con fin de crear o Consello Asesor de Pacientes da Área de Santiago de Compostela a da Barbanza.