A Deputación aproba un orzamento de 183,6 millóns de euros co Plan Único como principal programa de investimentos. O orzamento sobe un 2,6% e seguirá tendo a creación de emprego entre as súas prioridades

O pleno da Deputación da Coruña, aprobou hoxe, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, o orzamento da institución provincial para o exercicio 2019, que ascende a 183.609.300 de euros.

Isto supón un incremento de 4,65 millóns de euros, un 2,60% máis que no presente exercicio.
Un ano máis, todos os investimentos e plans da Deputación financiaranse con recursos propios, sen apelación ao crédito, polo que se manterá a situación de “débeda cero” que caracteriza a xestión económica da institución provincial durante este mandato.

more recommended stories