32 traballadores iniciaron hoxe a sua actividade en dous obradoiros no concello de Rianxo.

16 alumnos e alumnas menores de 30 anos iniciaron esta mañá a sua actividade no obradoiro de garantia xuvenil Carnero Valenzuela, que se imparte no concello de Rianxo, onde se van especializar en repoboacións forestais e silvícolas.

Outros 16 alumnos e alumnas participan na segunda fase do obradoiro Arcos Moldes, neste caso formaranse na especialidade de “PAVIMENTOS E ALBANELERÍA DE URBANIZACIÓN” .