Educando nas emocións, obradoiro do Apego en Rianxo con motivo da campaña contra as violencias.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo organiza, a través da súa Escola de Familias, o obradoiro titulado Educando nas emocións, que será impartido pola pedagoga e educadora familiar María Paredes.

O obxectivo desta actividade é aprender a identificar as emocións, entre elas a da ira, como estratexia para a prevención da violencia, razón pola cal o Concello de Rianxo inclúe este obradoiro dentro da campaña Rianxo en negro, que se desenvolverá ao longo de todo o mes de novembro.