A Xunta inverterá nos pantaláns de bateeiros de Cabo de Cruz 7 millóns de euros.

Confírmase este ano a materialización económica no presuposto da Xunta de preto de 2 millóns de euros para facer a inversión dos pantaláns de bateeiros de Cabo de Cruz. Con esta actuación a inversión total nestes pantaláns vai ser de 7 millóns de euros.