O patrón maior de Porto do Son aborda con Portos a instalación de novos pantaláns.

Emilio Queiruga, o novo patrón maior de Porto do Son elixido o pasado mes de setembro, mantivo onte unha reunión co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e co alcalde sonense, Luis Oujo.

Unha reunión na que se dou a coñecer e no que trataron diversos temas, como as obras da fachada marítima ou a instalación de novos pantaláns.