As tendas da comarca acordaron un peche ficticio para demostrar a súa importancia.

Concienciar da importancia que teñen as empresas para a economía local, ao mesmo tempo que denuncian o mal momento que está a atravesar, foi o que fixo que as asociacións de empresarios da Pobra, Boiro, Noia, Padrón, Rianxo e Ribeira puxeran en marcha un peche ficticio.