Freire proponlle ao vicepresidente Alfonso Rueda que incorpore a agrupación de Protección Civil de Noia ao reforzo do mapa de emerxencias.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, mantivo onte unha reunión co vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

Un encontro no que trataron tres temas principais: a incorporación de Protección Civil de Noia ao mapa de emerxencias deseñado pola Xunta, a rehabilitación da sobrecuberta e fachada da Casa Consistorial e a adquisición dun novo vehículo para a Policía Local.