Rianxo celebra a I Semana da Música Irmandiña.

Hoxe presentouse en Rianxo a I Semana da Música Irmandiña, adicada a conmemorar o primeiro centenario da morte do compositor Felipe Paz Carbajal.

Estiveron presentes Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Raquel García, concelleira de cultura, Xosé Luis do Pico, coordinador do Fondo Local de Música de Rianxo, e Rafael Collazo, director da Escola de Música de Rianxo.