A Consellería de Educación premia o CEIP Plurilingüe de Palmeira polo seu proxecto de formación permanente do profesorado.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2018 a través dos que se recoñece a calidade dos plans de formación deseñados polos propios colexios e institutos e desenvolvidos no curso 2017/18. O CEIP Plurilingüe de Palmeira acadou un destes galardóns polo proxecto CEIP Palmeira-Enfoque TIC.