Os Gardacostas e a Garda Civil de Tráfico requisan 1.600 quilos de sardiña e unha furgoneta nun control.

Os Gardacostas e a Garda Civil de Tráfico requisan 1.600 quilos de sardiña e unha furgoneta nun control por Estrada na peaxe da AP 9 de Vilaboa.

Outro dos controis realizados onte por terra tivo lugar no concello da Serra de Outes, no que os gardacostas tamén comisaron 628 quilos de xurelo que transportaba un vehículo que inspeccionaron.