O Concello sela o seu apoio a 5 entidades sociais que operan en Ribeira coa firma de convenios.

O salón de plenos do Consistorio de Riveira serviu esta mañá de escenario da firma dos convenios en virtude dos cales cinco entidades de carácter social que operan no concello van recibir axudas con cargo a fondos municipais orientadas ao financiamento de programas desenvolvidos en 2018, por un importe global entre todas de 18.600 euros.