Os peiraos autonómicos da provincia da Coruña recibiron máis de 3.200 barcos en tránsito ao longo deste verán.

Os portos de titularidade autonómica da provincia da Coruña recibiron 3.243 barcos en tránsito durante o pasado verán –meses de xullo, agosto e setembro-, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións náutico recreativas.

O porto deportivo de Muros rexistrou o maior número de embarcacións destas características, tanto a nivel provincial como autonómico, con 923 tránsitos, seguido, na provincia, da Pobra do Caramiñal, con 519 e de Muxía, con 483.

more recommended stories