Fabiola García: “2019 será o ano do incremento das contías nas axudas de dependencia que perciben as familias”.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, afirmou hoxe no pleno do Parlamento que “se o 2018 foi o ano do incremento da cobertura de atención á dependencia, o 2019 será o ano do incremento das contías que perciben as familias”.

Neste sentido, explicou que esta medida beneficiará a unhas 19.000 persoas que percibirán un 10% máis de axuda para coidados na contorna familiar e un 15% máis para contratar un asistente persoal.

more recommended stories