Cabo de Cruz acolle a exposición SonAgasallos durante o mes de novembro.

O venres preséntase SonAgasallos no Centro Social de Cabo de Cruz.

Unha exposición composta por distintas pezas talladas en madeira, reloxos, releves e outras pezas, ademais dunha mostra de xoias naturais. A idea de SonAgasallo, parte do gusto pola natureza e os antigos traballos artesanais dunha parella sonense, que sen coñecementos previos e de maneira autodidacta, recaeu no mundo da artesanía.