Rematan as Bike Series cunha contrarreloxo en Portosín.

As Bike Series que organiza a asociación local Arousa Neo finalizan este domingo 11 de novembro cunha contrarreloxo que terá lugar en Portosín. Trátase dun circuíto cerrado de 18 km con saída e chegada no pavillón da vila. Os ciclistas lanzaranse con diferencias dun ou dous minutos a partir das 11.00 horas.