A pesar de vencer na casa ante o Vigo B, O Barbanza Rugby continúa á cola da clasificación.

O Barbanza Rugby Club Clínica Mares mantense na cola da clasificación, pero tras o demostrado esta fin de semana sobre o barro rianxeiro do campo de Santa Lucía, todo apunta a que poden remontar. O Barbanza venceu por un marcador final de 18-15 no partido ante o Vigo B, un equipo que o curso pasado foi aspirante ao título de primeira rexional.