Feijóo defendeu unha pesca sustentable e rendible e garante o apoio para seguir construíndo un sector máis rico en formación, experiencia e coñecemento

O presidente da Xunta, defendeu hoxe unha pesca sustentable e rendible e garantiu o apoio para seguir construíndo un sector máis rico en formación, experiencia e coñecemento.

Durante a inauguración do VI Congreso de sustentabilidade social e económica do sector pesqueiro, Feijóo salientou que o Goberno galego incrementou en máis do 4% os fondos para formación nos últimos orzamentos, o que permitiu alcanzar un 32% de aumento acumulado desde 2015.

more recommended stories