O Concello de Lousame pon en marcha “Educando en familia”, un programa gratuíto de formación sobre a primeira infancia.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, asistiu esta mañá á posta en marcha do programa “Educando en Familia”, unha actividade socioeducativa totalmente gratuíta e que está dirixida a familias de Lousame con fillos e fillas de 0 a 3 anos.

As sesións terán lugar durante o curso escolar todos os martes, de 11:00 a 12:30 horas, no Punto de Atención á Infancia de Lousame, na parroquia de Tállara.

more recommended stories