Os moteiros déronse cita en O Son para apoiar aos enfermos de AME.

Esta fin de semana no Son ruxiron centenares de motos chegadas de todo Galicia que se congregaron na vila para apoiar a Asociación GaliciAME.

Levouse a cabo unha concentración na explanada portuaria e logo unha venda de almanaques benéficos para a causa na praza de España. Estivo presente no acto Tiago, un pequeno sonense afectado pola atrofia muscular espinal. Tanto os familiares de Tiago como os veciños da comarca encheron de solidariedade O Son.