Feijóo destaca a pesca como un sector estratéxico para Galicia que non se entendería sen as mulleres “e por iso é xusto aumentar o seu liderado”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a celebración da I Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca, destacou a pesca como un sector estratéxico para Galicia que non se entendería sen as mulleres.

Lembrou que a traballadora do mar en Galicia representa: o 75% dos profesionais que se dedican ao marisqueo a pé, o 84% dos profesionais de reparación e armado de redes e o 70% do persoal de fábricas transformadoras e conserveira.

more recommended stories