Os campos santos da comarca engalanáronse no día de Todos os Santos.

Nun escuro e chuvioso día, os cemiterios da comarca estiveron ateigados de adornos florais e candeas no Día de Todos os Santos.

Así, no primeiro día de novembro volvéronse a rexistrar grandes colas de vehículos aparcados nas proximidades aos principais cemiterios, mentras que a venda de flores se incrementou nestes días con respecto a calquera outro día do resto do ano.