O polideportivo pobrense será obxecto dunha reforma integral cunha inversión de 312.000 €.

O alcalde da Pobra, Lois Piñeiro, presentou un proxecto para a reforma integral do polideportivo municipal da rúa Venecia, un complexo con máis de catro décadas de antigüidade que presenta múltiples deficiencias. O proxecto, deseñado polo arquitecto José Antonio Gómez, está integrado por 17 actuacións e contará cun investimento de 312.000 euros.