Medio Ambiente estudará a realización dun plan piloto para compatibilizar os usos turísticos e a conservación da natureza en Porto do Son.

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, vén de trasladar ao alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, que o departamento que dirixe estudará colaborar na realización dun estudo piloto para compatibilizar os usos turísticos e a conservación da natureza no Concello de Porto do Son.