Emigrantes retornados da Barbanza manifestáronse esta mañá polas rúas de Ribeira.

Como cada último mércores de mes os emigrantes retornados da Barbanza saíron en protesta polas rúas de Ribeira para pedir un trato igualitario ante facenda. A día de hoxe aínda seguen a recibir multas por non ter tributado as pensión recibidas do estranxeiro en España.