Amicos da a benvida ao Samaín con unha festa de disfraces.

A Asociación, que atende a persoas con discapacidade intelectual da comarca do Barbanza, celebrou hoxe o Festival do Samaín, dando comezo as actividades desta festividade. Tanto usuarios coma as familias e os monitores participaron nesta cita no Centro de Atención Integral de Boiro.